-Rede Galega de Teatros e Auditorios: medidas de flexibilizaciˇn para a programaciˇn do segundo semestre de 2020

[25/05/2020] Diante do impacto económico que a crise sanitaria do Covid-19 está a provocar nas empresas de artes escénicas, o Comité Técnico da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) propón unha serie de medidas de flexibilización da normativa deste circuíto, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Tursimo en colabración coas entidades locais xestoras dos escenarios asociados. O obxectivo é que todos os espazos adheridos esgoten o crédito consignado para o ano 2020, tentando paliar así os efectos que nas empresas de artes escénicas e musicais está a ter o peche motivado polo estado de alarma.
 
Medidas propostas para a programación do 2º semestre de 2020:

  • Compromiso de recolocación das funcións aprazadas no primeiro semestre.
  • Adiantar a contratación  do segundo período de programación, permitindo a programación na rúa ou noutros espazos non convencionais durante os meses de verán.
  • Permitir a programación noutros espazos escénicos do concello.
  • Permitir que as funcións poidan realizarse no marco dalgún festival ou programación distinta a da RGTA.
  • Fomentar a contratación de segundas e terceiras funcións cambiando as porcentaxes de cofinanciamento:
 
  AGADIC Espazo
1ª función 50% 50%
2ª función 75% 10% +15% do despacho billetes
 
 
  AGADIC Espazo
1ª función 50% 50%
2ª función 75% 25%
3ª función 40% 60 % do despacho de billetes
 

-Medidas de flexibilización na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios: 2º semestre de 2020 (pdf)