-Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021: prazo de solicitude ata o 31 de xullo de 2020

[25/05/2020] No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega cos seguintes obxectivos:

  • Dinamizar a lingua propia de Galicia
  • Inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da Covid-19 para que ninguén quede fóra
  • Abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais
Poden presentar as súas propostas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Fondo X21):
  • Autónomos
  • Empresas privadas
  • Entidades culturais sen ánimo de lucro
Recibirán un apoio de ata 4000 € no caso dos autónomos e de ata 10.000 € no caso das empresas e entidades culturais. Estas cantidades poderán financiar ata o 100 % do proxecto.

Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden pertencer aos seguintes ámbitos:
  • Virtual (vídeos, música, películas, documentais, fotografías...)
  • Presencial (actuacións teatrais, musicais, exposicións...)
  • Outros servizos: materiais e produción
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2020.
Logo da resolución, o prazo de presentación dos proxectos rematará o 31 de decembro de 2020.

-Convocatoria, anexos e contacto: www.lingua.gal