-Programa de concertos Galicia Emerxe: inscriciˇn de solistas e grupos ata o 23 de xu˝o

[15/06/2020] A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, desenvolverá durante o mes de setembro de 2020 o programa Galicia Emerxe de concertos de artistas e grupos profesionais galegos, inserido no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico do Goberno galego.

Os concertos celebraranse no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e combinarán a presenza de público, seguindo as indicacións que materia de seguridade ditaminen en cada momento as autoridades sanitarias, coa súa emisión en liña e televisada. Este programa conta coa colaboración da CRTVG para emitir os concertos, que adaptarán o seu formato para ser difundidos tamén pola Radio Galega, así como noutras plataformas dixitais.

Con tal fin, ábrese o perído de inscrición para os intérpretes e bandas interesadas en participar en participar en Galicia Emerxe:

Prazo: do 15 ao 23 de xuño de 2020
Forma de inscrición: a través da plataforma www.galescena.gal
Requisitos de participación: Grupos e ou artistas galegos profesionais, de calquera estilo musical, con domicilio fiscal en Galicia.

Finalizado este prazo, unha comisión externa nomeada pola dirección da Agadic seleccionará os artistas e grupos participantes tendo en conta, entre outros, os seguintes criterios: uso da lingua galega, presenza feminina, calidade artística, traxectoria profesional.

Os artistas seleccionados enmarcarase en distintas modalidades atendendo ao caché presentado:
-Caché ata 10. 000 €
-Caché ata 6.000 €
-Caché ata 4.000 €
-Caché ata 2.000 €

-Pdf da convocatoria