-Axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Organismo convocante: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Xunta de Galicia

Estado: Convocadas (código de procedemento: IG524D)

Data de publicación no DOG: 25 de xuño de 2020

Prazo de presentación: Do 26 de xuño ao 31 de xullo de 2020 ou esgotamento do crédito

Presentación de solicitudes: Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal