-Cultura no Cami˝o +: subvenciˇns para o fomento das artes escÚnicas e musicais nos concellos galegos con motivo do Xacobeo21

Estado: Convocadas (código de procedemento: CT302B)

Data de publicación: 8 de xullo de 2020

Prazo de presentación: Do 9 de xullo ao 10 de agosto de 2020*

*Na concesión destas subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto da Dirección da Axencia, que os elevará a presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria ata esgotamento de crédito, por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro.

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento: CT302B).

-Convocatoria: DOG núm. 135 do 8 de xullo de 2020 
-Resolución pola que se deixa sen efecto a anterior convocatoria do programa Cultura no Camiño (febreiro 2020): 
DOG núm. 135 do 8 de xullo de 2020