Avisos
-Proceso de selección de 20 prazas de actrices e actores para as producións 2020/2021 do Departamento de Produción Teatral da Agadic (Centro Dramático Galego): persoas seleccionadas
ACORDO DE MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE PERSOAS SELECCIONADAS
[14/10/2020] Acordo do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE, polo que se procede á publicación da modificación da relación de persoas seleccionadas.
______________________________________________________________________________________________________
ACORDO DE MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE PERSOAS SELECCIONADAS
[04/09/2020] Acordo do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE, polo que se procede á publicación da modificación da relación de persoas seleccionadas.
_______________________________________________________________________________________________________
ACORDO DE MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE PERSOAS SELECCIONADAS
[03/09/2020] Acordo do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE, polo que se procede á publicación da modificación da relación de persoas seleccionadas.
_______________________________________________________________________________________________________
LISTAXE DE PERSOAS SELECCIONADAS
[31/08/2020] Acordo do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE, polo que se procede á publicación das persoas seleccionadas e se constitúe unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares.
_______________________________________________________________________________________________________
ACORDO DE MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA PARA AS PROBAS DE TERCEIRO ACTO
[22/08/2020] Acordo do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), polo que se modifica a convocatoria de actores e actrices para o espectáculo TERCEIRO ACTO.
_______________________________________________________________________________________________________
ACORDO DE CORRECCIÓN DE ERROS
[21/08/2020] Acordo de corrección de erros do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE.
_______________________________________________________________________________________________________
LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS CONVOCADAS PARA A SEGUNDA FASE E DATAS E HORARIOS DAS PROBAS
[19/08/2020] Acordo do19 de agosto de 2020 do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE, segundo o que se procede á publicación da selección definitiva de persoas convocadas para a segunda fase a partir da valoración do perfil profesional en función do grao de coincidencia coa proposta artística do equipo de dirección de cada unha das producións, así como as datas e horarios das probas.
_______________________________________________________________________________________________________
LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS CONVOCADAS PARA A SEGUNDA FASE
[10/08/2020] Acordo do 7 de agosto de 2020 do tribunal encargado da selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE, segundo o que se procede á publicación da selección provisional de persoas convocadas para a segunda fase a partir da valoración do perfil profesional en función do grao de coincidencia coa proposta artística do equipo de dirección de cada unha das producións.
_______________________________________________________________________________________________________
LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
[05/08/2020] Resolución do 5 de agosto de 2020 polo que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE e se acorda a súa publicación.
_______________________________________________________________________________________________________
LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
[28/07/2020] Resolución do 28 de xullo de 2020 polo que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de actrices e actores para as producións do ano 2020 e 2021 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, O CHARCO DE ULISES, TERCEIRO ACTO e SERVA ME SERVABO TE e se acorda a súa publicación.
_______________________________________________________________________________________________________
NOMEAMENTO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR
[20/07/2020] Resolución do director da Agadic pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de vinte (20) prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonistas (1) e principais (19) para as producións dos anos 2020/2021 do Departamento de Produción Teatral a partir das pezas O charco de Ulises, Terceiro acto e Serva me, servabo te
_______________________________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA
[13/07/2020] A Axencia Galega das industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no DOG núm. 138 do 13 de xullo de 2020 o anuncio polo que se lle dá publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de vinte (20) prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonistas (1) e principais (19) para as producións dos anos 2020/2021 do Departamento de Produción Teatral a partir das pezas O charco de Ulises, Terceiro acto e Serva me, servabo te.
Prazo de solicitude: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio.
Presentación de solicitudes e documentación: Deberá realizarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo de instancia dispoñible na páxina web da Agadic, no enderezo de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, inclusive o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
-BASES
-ANEXO I (modelo de solicitude)