-Subvencións á creación escénica: modificación das bases da convocatoria de 2019

[17/07/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no DOG núm. 142 do 17 de xullo de 2020 a Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 20 de marzo de 2019, pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2019 (DOG núm. 67 de 5 de abril de 2019).

Estas modificacións, que fan referencia ás bases 1ª, 15ª e 16ª, enmárcanse na serie de medidas dirixidas especificamente ao sector escénico galego no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19