-Subvenciˇns a festivais do sector audiovisual: modificaciˇn das bases da convocatoria de 2020

[17/07/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no DOG núm. 142 do 17 de xullo de 2020 a Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2019 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 239, do 17 de decembro de 2019).

Estas modificacións enmárcanse na serie de medidas dirixidas especificamente ao sector audiovisual galego no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19.