-Ampliación ata o 30 de setembro dos prazos de xustificación das convocatorias de 2019 de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais e da modalidade C de promoción do talento audiovisual galego

[21/07/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no DOG núm. 145 do 21 de xullo de 2020 as resolucións polas que se amplían ata o 30 de setembro de 2020 os prazos de xustificación de dúas das súas convocatorias de subvencións de 2019 para o sector audiovisual, no marco do plan da Xunta de Galicia para a reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19:

-RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación da modalidade C das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2019.

-RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019.