-Convocatoria aberta para bandas galegas en BIME CITY 2020: solicitudes ata o 16 de agosto

[21/07/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo colabora coa sección profesional da edición de 2020 do encontro musical Bilbao Music Experience (BIME PRO) para que dous artistas ou bandas galegas teñan a oportunidade de amosar o seu traballo como parte da programación de BIME CITY e diante de numerosos profesionais do sector. 

Os concertos terán lugar nas noites do 28 e 29 de outubro, nalgunha das salas da capital biscaíña que acollen este evento. O prazo para presentar as solicitudes de participación estará aberto ata o 16 de agosto, a través do envío do formulario normalizado.

Os artistas seleccionados recibirán unha bolsa de viaxe por parte de BIME CITY, que tamén asumirá unha pernocta. 
Así mesmo, poderán optar á vindeira convocatoria de subvencións da Agadic destinadas ás actividades de distribución das industrias culturais galegas.

-INFORMACIÓN NA WEB DO BIME
-ENLACE AO FORMULARIO DE SOLICITUDE