-Subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego: modificación das bases da convocatoria de 2019

[12/08/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no DOG núm. 161 do 12 de agosto de 2020 a corrección de erros na que se pode acceder ao texto completo da Resolución do 30 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2019).

Estas modificacións, que fan referencia ás bases cuarta (puntos 2 e 3) e décimo sexta, enmárcanse na serie de medidas dirixidas especificamente ao sector audiovisual galego no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19