-Subvencións á creación escénica: modificación das bases da convocatoria de 2020

[14/08/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no DOG núm. 163 do 14 de agosto de 2020 a RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2020 pola que se amplía o prazo de estrea e de xustificación das modalidades 1, 2 e 3 das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica, e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 35, do 20 de febreiro de 2020).

Estas modificacións, que fan referencia ás bases terceira (punto 1) e décimo quinta (punto 4), enmárcanse na serie de medidas dirixidas especificamente ao sector audiovisual galego no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19