-Supensión temporal da actividade da Rede Galega de Música ao Vivo e do programa Directos Xacobeo21 en Salas

[17/08/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, en decisión coordinada coas asociacións profesionais Clubtura e Músicas ao Vivo, acorda suspender temporalmente a actividade dos circuítos Directos Xacobeo’21 en Salas e Rede Galega de Música ao Vivo, de acordo coas medidas en materia de saúde pública recollidas na  Orde da Consellería de Sanidade  do 15 de agosto de 2020 e no Acordo do Consello  Interterritorial de Saúde  do 14 de agosto de 2020 para responder á situación especial de risco derivada do incremento de casos positivos por covid-19.
 
A Agadic facilitaralles ás salas afectadas a reprogramación dos concertos previstos unha vez se levanten as actuais medidas de control sanitario que obrigan ao peche dos locais de ocio nocturno.