-Subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e de música durante o ano 2020: convocatoria

Estado: Convocadas (código de procedemento CT406A)
 
Data de publicación: 26 de agosto de 2020

Prazo de presentación: Do 27 de agosto ao 28 de setembro de 2020, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas -sempre que cumpran os requisitos exixidos- por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Presentación das solicitudes: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG núm. 172 do 26 de agosto de 2020