-Ampliación do prazo de xustificación das subvencións a producións e coproducións audiovisuais concedidas ao abeiro da convocatoria de 2018: ata o 15 de novembro de 2020

[08/09/2020] No marco do plan da Xunta de Galicia para a reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Ediucación e Universidade publica no DOG núm. 182 do 8 de setembro de 2020 a resolución pola que amplía ata o 15 de novembro de 2020 o prazo de xustificación das subvencións a producións e coproducións audiovisual de contido cultural galego concedidas ao abeiro da convocatoria de 2018 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017):código de procedemento CT207A.