-SESIÓN EXPLICATIVA EN LIÑA: subvencións ao impulso do sector escénico

A Axencia Galega das Industrias Culturrais (Agadic) organiza unha sesión dixital explicativa para achegarlles a salas de exhibición, compañías e colectivos asociativos as claves da nova convocatoria de subvencións de impulso ao sector escénico, así como para responder a todas as dúbidas que as bases da devandita liña de axudas puideran suscitar.

A videoconferencia terá lugar o venres 18 de setembro ás 10,00 a.m. e para participar nel cómpre realizar o rexistro previo no enlace: https://zoom.us/webinar/register/WN_yCBcAL9iTdiQohXt0ywdgw

-Bases publicadas no DOG