-Subvenciˇns para a promociˇn e difusiˇn do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais: convocatoria

Estado: Convocadas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento: CT404B)

Data de publicación: 16 de outubro de 2020

Prazo de presentación: Do 17 de outubro ao 16 de novembro de 2020, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

O prazo para a presentación das solicitudes para os eventos xa celebrados será dun mes desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Para os celebrados con posterioridade á publicación da presente convocatoria, será dun mes contado desde que se produza a comunicación oficial, por parte do festival, da selección da obra, e en calquera caso non poderá exceder o 15 de novembro de 2020.

As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas -sempre que cumpran os requisitos exixidos- por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar do tipo de subvención indicado. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.


Presentación das solicitudes: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario formalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG núm. 209 do 16 de outubro de 2020