-Xornada Conecta 2020 de encontro entre creadores (Santiago de Compostela, 31 de outubro): inscriciˇns ata o 27 de outubro

[16/10/2020] CREA, Asociacion de Directores e Realizadores de Galicia desenvolverá o sábado 31 de outubro na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela a oitava edición do seu encontro CONECTA para poñer en contacto a directores e guionistas que estean desenvolvendo proxectos audiovisuais en Galicia. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 27 de outubro a través deste formulario.

A súa finalidade é facilitar a conexión entre os autores do sector na procura de fortalecer os proxectos a partir da colaboración e das opinións doutros creadores.

-Máis información