-Subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego: modificación das bases da convocatoria de 2018

[20/10/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG núm. 211 do 20 de outubro de 2020 a RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento CT207A / DOG núm. 246 do 29 de decembro de 2017).  Estas modificacións, que fan referencia ás bases décimo sexta (punto 3) e disposicion adicional única, enmárcanse na serie de medidas dirixidas especificamente ao sector audiovisual galego no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19.