-Catálogo SHORTS FROM GALICIA 2021: recepción de curtametraxes ata o 4 de decembro




[16/11/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) pon en marcha un proceso de selección de curtametraxes para unha nova edición do catálogo SHORTS FROM GALICIA, que se difundirá durante 2021.
 

SHORTS FROM GALICIA 2021 conterá un máximo de 6 obras finalizadas e incorporará ata un máximo de 3 curtas en desenvolvemento.

 

As obras finalizadas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

 

- Dirección a cargo dun/dunha realizador/a galego/a

- Primeira proxección pública con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020, ou aínda sen estrear 

 

As obras en desenvolvemento estarán a cargo dun/dunha realizador/a galego/a e coa iscrición haberá que achegar a seguinte documentación:

 

- Guion finalizado

- Memoria de dirección e de produción que reflicta o estado actual do proxecto

- Plan de produción

- Compromiso asinado de finalización en 2021

- Outros materiais opcionais a ter en conta: plan de financiamento completado, cartas de compromiso, teaser, montaxe en work in progress, primeiro corte...

 

Un grupo de traballo nomeado pola Agadic será o encargado de seleccionar as obras deste catálogo de acordo cos criterios de calidade, diversidade e orixinalidade da proposta, e do seu potencial en canto á participación en festivais internacionais. 

 

Para participar neste proceso de selección hai que  enviar este FORMULARIO e achegar a documentación e materiais solicitados ao correo electrónico shortsfromgalicia@gmail.com

 

O prazo de recepción remata o 4 de decembro de 2020.

 

As curtas serán tratadas con absoluta confidencialidade por parte da Agadic.

 

A Agadic, a través da marca SHORTS FROM GALICIA colabora coa Coordinadora del Cortometraje Español no Archivo del Cortometraje Español, polo que compartirá con dito arquivo os datos técnicos e artísticos e os materiais gráficos e promocionais das obras presentadas a esta convocatoria co propósito de contribuír á súa promoción e difusión internacional. O Archivo del Cortometraje Español non publicará, compartirá ou difundirá en nigún caso as ligazóns, contrasinais, screeners ou copias de proxección das obras.

-Catálogo Shorts from Galicia 2020