-Aberta a convocatoria de proxectos de longametraxes para La Incubadora da ECAM

[18/11/2020] La Incubadora de la ECAM pon en marcha hoxe a súa cuarta edición, abrindo a convocatoria para proxectos de longametraxes a produtores/as emerxentes residentes en España. Os proxectos deberán contar xa con produtor/a confirmado e un director/a de primeira, segunda e terceira longametraxe, de calquera xénero e cunha primeira versión de guión con diálogos.

Cada proxecto seleccionado recibirá unha dotación de 10.000 euros como axuda ao desenvolvemento, ao tempo que os equipos (produtor/a, director/a e guionista) disporán de apoio económico para os desprazamentos a Madrid no caso de residiren notras comunidades autónomas.

Algúns dos mentores/as desta edición serán Arantxa Echevarría (directora, Carmen y Lola), Sandra Hermida (productora executiva, Lo Imposible), Rodrigo Sorogoyen (director, Madre) e Marisa Fernández Armenteros (produtora, El Agente Topo).
 
Un dos participantes na pasada edición de La Incubadora de la ECAM foi o galego Álvaro Gago co proxecto de longametraxe de Matria, que producirá Matriuska con subvención da Xunta, entre outros apoios.

-Inscricións ata o 16 de decembro de 2020 ás 18,00 h en laincubadora.thescreen.es