-Selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza: bases reguladoras

[12/02/2021] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai pública a Resolución do 12 de feberiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades.

Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Produción Coreográfica (Centro Coreográfico Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.

-Resolución do 12 de febreiro de 2021 e bases reguladoras
-Prazo de presentación: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte da data de publicación (12 de febreiro de 2021) deste anuncio na web.
-Presentación: obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.