Avisos
-Programa formativo do Centro Coreográfico Galego: maio-outubro de 2021
[07/04/2021] O Centro Coreográfico Galego retoma o seu programa formativo, atendendo sempre ás medidas anticovid vixentes en cada momento, para intentar contribuír á recuperación da actividade cultural nos seus distintos niveis de desenvolvemento. Con tal fin, organízanse nove citas (cursos, encontros e clases maxistrais) pensadas para todas as persoas que de dedican á danza, desde bailaríns/as profesionais e coreógrafos/as ata estudantes e docentes, pero tamén para aqueles/as que non bailaron nunca e queren probar algunha das disciplinas que se ofertan.
Abórdanse este ano temáticas moi diversas, para as que a unidade de danza da Xunta de Galicia volve contar cun profesorado experto, de recoñecida traxectoria nos seus respectivos ámbitos:
• 8 e 9 de maio. Taller de creación de danza contemporánea, con ESTHER LATORRE.
• 15 e 16 de maio. Taller de danza contemporánea Choreo Toolbox, con MERCÉ DE RANDE.
• 5 de xuño. Obradoiro de danza contemporánea: técnica Laban, con PAULA QUINTAS.
• 5-9 de xullo. Curso de danza clásica e repertorio: A entrada no mundo profesional, con CARMEN PARIS.
• 12-15 de xullo. Taller de prevención de lesións: Adapt Method, con MARÍA JESÚS PECES-BARBA.
• 19-23 de xullo. Clases maxistrais de danzas urbanas, con ALBA FERNÁNDEZ, SAMUEL GALÁN, NOELIA LÓPEZ E SABELA DOMÍNGUEZ.
• 26-30 de xullo. Curso de tap dance e ritmo, con JOHN O'BRIEN.
• 3-5 de setembro. Curso de danza contemporánea Drop & Catch, con DANA RAZ e SHARON FRIDMAN.
• 1-3 de outubro. Taller de xestión, produción e distribución para emerxentes, con MANU LAGO.
-Prazo de inscrición: do 12 de abril ao 14 de maio.
-Máis información na web do Centro Coreográfico Galego.