-Proceso de provisiˇn do posto de Coordinaciˇn do Departamento de M˙sica e Danza: bases e convocatoria

[13/08/2021] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no Diario Oficial de Galicia nº 155 do 13 de agosto de 2021 a RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021 pola que se convoca a provisión do posto de Coordinación do Departamento de Música e Danza.

Prazo de solicitude: 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no DOG e na web da Agadic.

Presentación de solicitudes e documentación: As persoas candidatas deberán presentar toda a documentación requirida nesta convocatoria, dirixíndoa nominalmente á persoa que teña a Dirección da Agadic en sobre cerrado no que se indique «Proceso de selección para a Coordinación do Departamento de Música e Danza» e que se remitirá por correo certificado ao seguinte enderezo: Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou ben presentándoa directamente no rexistro xeral da Axencia (sito na Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela).

Para os efectos de comprobación da súa presentación en prazo, as candidaturas remitidas a través de servizos de mensaxaría privados, ou de servizos de correo estranxeiros, consideraranse presentadas na data en que entrasen nos rexistros oficiais previstos no parágrafo anterior. Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

-RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021, publicada no DOG nº 155 do 13 de agosto (pdf)