-Axudas para o fomento e a promociˇn de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperaciˇn econˇmica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega

Axudas financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
 
Estado: Convocadas (
código de procedemento CT207G)

 
Data de publicación: 10 de setembro de 2021
 
Dotación: 2.000.000 euros
 

Prazo de presentación: Do 11 de setembro ao 10 de decembro de 2021. As subvencións serán concedidas ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo procedemento abreviado e por orde cronolóxica, tendo en conta a data e hora de entrada no rexistro.
 
Prazo de resolución: 4 meses
 
Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través do formulario normalizado dispoñible na
 sede electrónica da Xunta de Galicia.
 
Convocatoria: 
DOG núm. 175 , do 10 de setembro de 2021

Corrección de erros: DOG núm. 179, do 16 de setembro de 2021