-AuGAL Master Class Audiovisual Galego 2021-2022: programa

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Vigo organizan a undécima edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego correspondente ao cuso 2021-2022. Desta volta, recupérase a súa estrutura tradicional para desenvolver na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra o seu programa dedicado a producións galegas explicadas polos seus protagonistas.


  • DATAS: 15, 17, 22 e 29 de novembro e 13 e 15 de decembro
  • HORARIO: de 16.00 h a 20.00 h
  • LUGAR: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Campus A Xunqueira (Pontevedra)
  • DURACIÓN: 24 horas (entregaranse diplomas de asistencia por parte da Agadic)
  • DIRIXIDO A: Estudantes, profesionais do sector e demais interesados e interesadas
  • MATRICULA: Gratuíta (prazas limitadas ata completar a capacidade)
-PROGRAMA AUGAL 2021-2022