-Catßlogo SHORTS FROM GALICIA 2022: recepciˇn de curtas ata o 3 de decembro de 2021



[18/11/2021] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha o proceso de selección de curtametraxes para unha nova edición do catálogo SHORTS FROM GALICIA, que se difundirá durante 2022.
 
SHORTS FROM GALICIA 2022 conterá un máximo de seis obras finalizadas e incorporará ata un máximo de tres curtas en desenvolvemento.
 
As obras finalizadas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Dirección a cargo dun/dunha realizador/a galego/a.
- Primeira proxección pública con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 ou aínda sen estrear.
 
As obras en de desenvolvemento estarán a cargo dun/dunha realizador/a galego/a e coa inscrición haberá que achegar a seguinte documentación:
- Guión finalizado
- Memoria de dirección e de produción que reflicta o estado actual do proxecto
- Plan de produción
- Compromiso asinado de finalización en 2022
- Outros materiais opcionais a ter en conta: plan de financiación completado, cartas de compromiso, teaser, montaxe en work in progress, primeiro corte...
 
Un grupo de traballo nomeado pola Agadic será o encargado de seleccionar as obras deste catálogo de acordo cos criterios de calidade, diversidade e orixinalidade da proposta, e do seu potencial en canto á participación en festivais internacionais.
 
Para participar neste proceso de selección cómpre encher e enviar este FORMULARIO xunto coa documentación e materiais solicitados ao correo electrónico shortsfromgalicia@gmail.com
 
O prazo de recepción remata o 3 de decembro de 2021.
 
As curtas serán tratadas con absoluta confidencialidade por parte da Agadic.
 
A través da marca SHORTS FROM GALICIA , a Agadic colabora coa Coordinadora del Cortometraje Español no Archivo del Cortometraje Español, e compartirá con dito arquivo os datos técnicos e artísticos e os materiais gráficos e promocionais das obras presentadas a esta convocatoria co propósito de contribuír á súa promoción e difusión internacional. O Archivo del Cortometraje Español non publicará, compartirá ou difundirá en ningún caso as ligazóns, contrasinais, screeners ou copias de proxección das obras.

-Acceso á versión anterior do catálogo Shorts from Galicia