-Rede Galega de Teatros e Auditorios: aberto ata o 13 de decembro o prazo de programación para o 1º semestre de 2022

[26/11/2021] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre desde hoxe e ata o 13 de decembro de 2021 o prazo para que os espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) deseñen a programación que desenvolverán durante o primeiro semestre de 2022, tendo en conta que seguirán vixentes para este período as medidas de flexibilización acordadas polo Comité Tecnico da RGTA.

O prazo para realizar a programación é do 26 de novembro ao 13 de decembro de 2021.

O período de contratación abrangue do 10 de xaneiro ao 30 de xuño de 2022.
 
O orzamento do que dispón cada espazo está á súa disposición na zona privada da páxina de xestión: www.galescena.gal.