-Womex 2023 A Coruña: envío de propostas ata o 17 de marzo

[13/03/2023] WOMEX – Worldwide Music Expo –  celebrará a súa edición de 2023 do 25 ao 29 de outubro na Coruña, para a que está aberta a recepción de propostas de showcases, conferencias e filmes. Galicia repite por terceira vez como anfitrioa do encontro musical máis internacional e culturalmente diverso dos que se celebran na actualidade.

Ademais da programación xeral, a organización prevé volver contar co escenario 'Atlantic Connections' como regional stage e acoller nel as actuacións de ata dous grupos ou artistas galegos que contarían co patrocinio da Xunta de Galicia.  

O prazo de achega de propostas estará aberto ata o 17 de marzo a través deste enlace: https://www.womex.com/take_part/proposals