-Bolsa de dramaturxia e creación: resolución do proceso de selección de proxectos para a coprodución dun espectáulo a partir de "Bailar no ceo"


[27/03/2023] No Día Mundial do Teatro, publícase a Resolucion do 23 de marzo de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia pola que se selecciona o proxecto presentado por Alejandro Sobrino (Xerpo) para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral a partir do texto Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, elaborado dentro da Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego.

_____________________________________________________________


[01/03/2023] Publícase a Resolución do 1 de marzo de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) pola que nomea a comisión de valoración do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral no ano 2023 a partir da dramaturxia elaborada dentro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego 2022-2023 Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva.

_____________________________________________________________


[02/01/2023] Publícase a Resolución do 2 de xaneiro de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral no ano 2023 a partir da dramaturxia elaborada dentro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego 2022-2023 Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva. O prazo de solicitude é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación.

-BAILAR NO CEO, de Ana Abad de Larriva.

NOTAS:
A difusión deste texto queda estritamente ligada á Bolsa de dramaturxia e creación do Centro Dramático Galego e non se autoriza o seu uso fóra deste contexto. O acceso ao texto estará dispoñible ata a fin do prazo de presentación de propostas recollido nas bases.

O vindeiro 10 de xaneiro, ás 20:00 h, terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha lectura dramatizada de Bailar no ceo baixo a dirección de Gena Baamonde.

_____________________________________________________________


[25/05/2022] Publícase  a Resolución do procedemento de selección dun proxecto de escrita dramática para a contratación pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da creación dunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG).

Proxecto adxudicatario: BAILAR NO CEO, de ANA ABAD DE LARRIVA 


RESOLUCIÓN

_____________________________________________________________


[27/03/2022] No Día Mundial do Teatro, publícase a Resolución do 25 de marzo de 2022, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), pola que se aproban as

BASES REGULADORAS

dun proxecto de escrita dramática para a contratación da creación dunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG).

-Presentación: obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do modelo normalizado xenérico PR004A
-Prazo:20 días naturais contados a partir do día seguinte ao desta publicación.