Avisos
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Selección dunha entidade colaboradora para a xestión e organización do Polo de aceleración do sector de videoxogos: corrección de erros
[28/03/2022] Publícase no DOG nº 60 do 28 de marzo de 2022 a Resolución do 17 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión e organización das actividades que conforman o programa de desenvolvemento do Polo de aceleración do sector de videoxogos para impulso do sector financiado ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (código de procedemento CT207I).
Data de publicación: 28 de marzo de 2022
Dotación: 360.000 euros
Prazo de presentación: Do 29 de marzo ao 12 de abril de 2022
Prazo de resolución: 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes
Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CT207I).
Corrección de erros: DOG nº 73, do 18 de abril de 2022