Avisos
-Selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza: resolución
[30/09/2022] A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia publica a Resolución do 18 de xullo de 2022 de selección de tres espectáculos de danza para a súa contratación en réxime de coprodución:
-Afectos, de Kirenia Martínez
-Proto, deJanet Novás
-O salón dos pasos perdidos, de Paula Quintas
____________________________________________________________________________
[28/04/2022] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia publica hoxe, 28 de abril de 2022, a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación en réxime de coprodución de tres espectáculos de danza, en calquera das súas modalidades, no ano 2022.
Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Música e Danza (Centro Coreográfico Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.
-Dotación: A achega económica será dun máximo de 18.000 euros, impostos incluídos, para cada contrato. En ningún caso esta cantidade será superior ao 80% do orzamento total do proxecto presentado. A Agadic cederá a sala de ensaios do Centro Coreográfico Galego baixo as condicións que se fixen para o efecto.
-Prazo de execución: 12 meses
-Prazo de solicitude: 20 días naturais contados desde o día seguinte da publicación desta resolución.
-Dirixido a: Persoas, físicas ou xurídicas, e sociedades civís e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
-Presentación das solicitudes: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A “Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado”, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, acompañado da documentación requirida nas bases.
-Bases
-Anexos (formato .odt)
-Anexos (formato .doc)