-Cultura no Camiño 2022: inscrición de espectáculos e concertos ata o 20 de maio

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño. Unha programación cultural destinada aos concellos de Galicia polos que discorren os distintos Camiños de Santiago, que se desenvolverá entre o 15 de xullo e o 10 de setembro no marco da celebracióbn do Xacobeo 21-22.


 
Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos de Cultura no Camiño 2022, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre un prazo do 5 ao 20 de maio para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir as súas  propostas a través da páxina web  www.galescena.gal.
 
Poderán inscribirse espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.
 
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará proximamente as bases da convocatoria, os prazos de programación e as cantidades económicas que se asignarán.
 
Para calquera dúbida, podedes contactar a través dos correos electrónicos:
programacionagadic.1@xunta.gal
programacionagadic.2@xunta.gal

 
Ou dos teléfonos:
881 996 088 / 881 996 087