Avisos
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Subvencións para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais
Axudas financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
Estado: Convocadas (código de procedemento: CT207L)
Data de publicación: 6 de maio de 2022
Dotación: 1.200.000 euros
Prazo de presentación: Do 7 de maio ao 6 de xuño de 2022
Prazo de resolución: 5 meses
Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CT207L).
Convocatoria: DOG nº 88, do 6 de maio de 2022