-Rede Galega de Música ao Vivo: inscrición no catálogo de solistas e grupos profesionais con sede en Galicia

[13/05/2022] A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia publicará proximamente as bases da convocatoria de subvencións a salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público para o desenvolvemento de proxectos de programación musical da Rede Galega de Música (RGMV) ao Vivo no marco da celebración do Xacobeo 21-22, en dúas modalidades:

a) Programación da Rede Galega de Música ao Vivo
b) Programación complementaria da Rede Galega de Música ao Vivo

De cara á configuración dos proxectos que opten á modalidade A, ábrese ata o 25 de maio de 2022 o prazo de inscrición no catálogo artístico da RGMV. Poden rexistrarse nel todos os solistas ou grupos de música profesionais, que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, achegando as súas propostas a través da plataforma profesional Galescena.