-Galicia ProFilme 1 de xullo: Marco xurídico do sector audiovisual: retos de futuro

A Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 1 de xullo unha xornada de formación presencial dedicadas a analizar aspectos xurídicos da produciónaudiovisual, que conta co apoio da Xunta de Galicia no marco das accións de Galicia ProFilme que leva a cabo a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).


O desenvolvemento terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.
Baixo o título: “Marco xurídico do sector audiovisual: Retos de futuro” abordaranse cuestións como as implicacións da nova Lei xeral de comunicación audiovisual para a produción independente, a Lei de imposto de sociedades e financiamento audiovisual ou os aspectos máis destacados dunha coprodución.

A xornada será de balde pero precisará dunha inscrición previa. As persoas interesadas deberán enviar antes do 30 de xuño unha mensaxe ao enderezo electrónico:

prensa@agapi.gal

Nela debe indicarse nome e apelidos e enderezo 
electrónico de contacto.

-PROGRAMA DA XORNADA