-Rede Galega de Teatros e Auditorios: aberto ata o 30 de xu˝o o prazo de programaciˇn para o segundo semestre de 2022

[20/06/2022] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades abre desde hoxe e ata o 30 de xuño de 2022 o prazo para que os espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) deseñen a programación que desenvolverán durante o segundo semestre de 2022.

  • O prazo para realizar a programación é do 20 ao 30 de xuño de 2022.
  • O período de contratación abrangue do 10 de xullo ao 11 de decembro de 2022.
  • O prazo de xustificación do convenio rematará o 18 de decembro de 2022 (data límite).
 
O orzamento do que dispón cada espazo está á súa disposición na zona privada da páxina de xestión: www.galescena.gal.