-FEST Galicia 2022: convocatoria de adhesión de festivais e corrección de erros

[07/07/2022] O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha corrección de erros sobre a convocatoria de referencia:

Na Na páxina 37539, no anexo I, punto 1, onde di: «Programar un mínimo de tres artistas galegos por día.», debe dicir: «Programar un mínimo de tres artistas galegos.».


_____________________________________

[01/07/2022]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as condicións de adhesión á marca FEST Galicia para a temporada 2022 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebren desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2022, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo 21-22 (código de procedemento CT302A).




DOTACIÓN: 220.000 euros

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 4 ao 22 de xullo

DIRIXIDO A: empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora.

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA: CT302A