-Spanish Screenings On Tour: convocatorias abertas (xeral e proxectos en desenvolvemento)



[10/08/2022] Spanish Screenings estará en Ventana Sur, o principal mercado audiovisual latinoamericano, para presentar ante a industria audiovisual internacional a primeira edición On Tour, unha nova liña de traballo a través da que leva a cabo accións itinerantes dirixidas á venda e promoción do audiovisual español en territorios estratéxicos.

Con tal fin, abre as seguintes convocatorias:

  • Proxectos en desenvolvemento de novas producións españolas, que se presentarán a modo de showcase en cada unha das seccións temáticas oficiais de Ventana Sur 2022: Animation!, Blood Window, Punto Género e SoloSerieS. Ata o 19 de setembro.
  • Convocatoria xeral Spanish Screenings On Tour, destinada a contidos rematados ou en fase de posproducción e work-in-progress. Ata o 10 de outubro.
-Máis información