-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega: convocatoria

Financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Estado: Convocadas (código de procedemento: CT207N)

Data de publicación: 25 de agosto de 2022

Dotación: 1.300.000 euros

Prazo de presentación: Do 26 de agosto ao 25 de outubro de 2022

Prazo de resolución: 5 meses

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG nº 161, do 25 de agosto de 2022