-Delegación galega no MIPCOM de Cannes: chamamento ás empresas interesadas

[06/09/2022] A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten previsto retomar a difusión do audiovisual galego no MIPCOM de Cannes, que se desenvolverá nesta cidade francesa do 17 ao 20 de outubro, dentro do pavillón Audiovisual from Spain, promovido por ICEX España Exportación e Inversiones en colaboración con empresas e organismos públicos de toda España.

Co fin de conformar a delegación galega neste mercado e definir posibles accións conxuntas, facemos un chamamento ás empresas galegas interesadas en acudir ao MIPCOM para que nolo comuniquen a través do mail audiovisual.agadic@xunta.gal.

O MIPCOM é unha das feiras profesionais obxecto da convocatoria de subvencións á comercialización e difusión audiovisual en foros de negocio especializados e eventos de cine fóra de Galicia, que se publicará proximamente no DOG. Ademais, a través do ICEX pódese obter unha acreditación con prezo especial 'umbrela' nesta ligazón: https://register.mipcom.com/?pvlid=2ccb4efb-84aa-4226-b8e0-4d485bc7ead1