-AuGAL Master Class do Audiovisual Galego: matrÝcula

[14/10/2022] O vindeiro día 17 actívase o prazo de matrícula para a 12ª edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego, que organizan a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo. Desta volta, celebraranse sete sesións entre o 18 de outubro e o 14 de decembro, coa proxección de destacados traballos do audiovisual galego, presentados e explicados desde diferentes perspectivaspolos profesionais implicados.



Datas: 18 e 24 de outubro, 15, 22 e 28 de novembro e 12 e 14 de decembro
Horario: de 16,00 a 20,00 h.
Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Campus A Xunqueira (Pontevedra)
Dirixido a: estudantes e profesionais do sector
Matrícula: Gratuíta (prazas limitadas ata completar a capacidade)

-Programa AuGAL 2022-2023
-Formulario de inscrición