-Rede Galega de Música ao Vivo: aberto ata o 9 de decembro o prazo de inscrición de grupos profesionais de música

[21/11/2022] A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia abre ata o 9 de decembro de 2022 o prazo de inscrición de grupos profesionais de música, con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, interesados en participar na nova programación da Rede Galega de Música ao Vivo, ao abeiro da convocatoria de axudas ás salas para o desenvolvemento de proxectos de programación musical dentro deste circuíto.
 
A inscrición realizarase a través da plataforma www.galescena.gal.
 
As salas participantes neste programa son:
 

A Pousada da Galiza Imaxinaria Boiro
Arca da Noe Vilar de Santos
Borriquita de Belém Santiago
Café Cultural Auriense Ourense
Casa das Crechas Santiago
Club Clavicémbalo Lugo
La fábrica de Chocolate Vigo
Laroom Ferrol
Pub Gatos Melide
Sala Guión Pontedeume
Sala Krazzy Kray Cambados


Máis información:
programacionagadic.2@xunta.gal
programacionagadic.1@xunta.gal

Tel: 881 996 087 / 881 996 088

Horario de atención ao público: de luns a venres laborables, de 9.00 a 14.00 horas.