-Selección dunha entidade colaboradora para a xestión do programa da aceleradora cultural de proxectos musicais: adxudicación

[19/12/2022] Resolución para a selección dunha entidade convocada por Resolución de 3 de novembro de 2022, pola que se convoca o procedemento de concorrencia competitiva para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión do programa da Aceleradora Cultural de Proxectos Musicais ao amparo dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de Recuiperación e Resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241. (Código de procedemento CT402G).

-RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN

__________________________________________


[16/11/2022] Publícase no DOG nº 218 do 16 de novembro de 2022 a Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se convoca, para o ano 2022, o procedemento de concorrencia competitiva para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 .

Data de publicación: 16 de novembro de 2022

Obxecto: deseño, xestión e desenvolvemento das actividades do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais nos ámbitos de consultaría, mentoring, confección produtos musicais, presentación e difusión de proxectos, participación en eventos do sector musical das entidades seleccionadas como beneficiarias para participar no programa da Aceleradora.

Prazo de presentación: Do 17 de novembro ao 9 de decembro de 2022

Prazo de resolución: 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CT402G).