-Xornada Diálogos de danza. Unha ponte entre a creación e a programación: 28 de marzo, Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

[15/03/2023] No marco do Plan Integral da Danza de Galicia elaborado pola Xunta a partir dun proceso aberto e participativo co sector, a Axencia Galega das Industrias Culturais, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e Escena Galega están a traballar arredor da análise e deseño de diferentes propostas para a mellora das programacións de espectáculos de danza e artes do movemento. Neste sentido, unha das medidas do devandito plan fai fincapé na necesitade de levar a cabo foros abertos á colaboración e ao debate co fin de afondar en iniciativas e boas prácticas, tanto no territorio galego como en España e no ámbito internacional.

Con tal motivo, o 28 de marzo a Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá a xornada Diálogos de danza. Unha ponte entre a creación e a programación, que terá lugar entre as 9.30 e as 18.00 h na Sala Eisenman baixo a organización da Axencia Galega das Indutrias Culturais e a AGPXG.

O obxectivo principal deste encontro é poñer en común as diagnoses e propostas do colectivo das compañías de danza e artes do movemento e dos profesionais da programación das artes escénicas en Galicia, para deseñar fórmulas que propicien a mellora dos índices de exhibición de espectáculos, o aumento de públicos e a sustentabilidade do sector da danza.

Dirixido a:
-Compañías de danza.
-Responsables de programación do sector cultural privado.
-Técnicos de cultura e programadores do sector cultural público.
-Profesionais da danza e as artes do movemento.

Formulario de inscrición





Programa

09.30h Apertura institucional
  • Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais.
  • Carlos Lorenzo, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).
  • Manu Lago, xestor cultural independente e comisario da xornada
  • Paula Quintas, bailarina, creadora e investigadora entre danza e circo, e comisaria da xornada.
10.00h - 10.40h Punto de partida: presentación dos resultados sobre o proceso de análise e propostas para a mellora das programacións de espectáculos de danza e artes do movemento
  • Carlos Lorenzo, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
  • Presenta: Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza da Axencia Galega de Industrias Culturais.
10.45h - 10.55h Panorámica da escena galega da Danza en Galicia
  • Diego Meizoso, xerente de Escena Galega.
  • Paula Quintas, vogal de Danza de Escena Galega.
11.00h - 11.45h Danza en Galicia: Sesión de pitching a cargo de compañías de danza e/ou distribuidoras galegas
Destinado a compañías e/ou distribuidoras de danza de Galicia. Serán seleccionadas por rigurosa orde de inscrición.
Formulario de inscrición 
 
[11.45h - 12.10h Pausa - Café]

12.10h - 13.15h Presentación de experiencias inspiradoras sobre danza
  • Sabela Ramos, coordinadora do proxecto de danza Escora da Deputación Pronvincial da Coruña. 
  • Anxo Lamelo, asesor da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
  • Eugenia Muñoz, técnica de cultura e turismo Concello Xunqueira de Espadañedo (Ourense). 
  • Nuria Sotelo, Experiencia de mediación, creación e exhibición de danza no rural: A Casa Vella.
  • Presentan: Paula Quintas e Manu Lago, comisarios da xornada.
13.20h - 14.15h Conversa: Cara novos modelos de exhibición da danza nos concellos de Galicia
  • Kirenia Martínez, coreógrafa, bailarina, actriz e directora da compañía Kirenia Danza.
  • Nieves Lema, técnica de cultura do Concello de Vimianzo.
  • Presentan: Paula Quintas e Manu Lago, comisarios da xornada.
[14.30h - 16.00h Pausa - Xantar]
 
16.00h - 17.30h Compañías e programadores: un traballo conxunto para o desenvolvemento da danza
Dinámica participativa con Diego Parajó (XENEME).
 
17.30h - 18.00h Peche e conclusións:
  • Paula Quintas, comisaria da xornada.
  • Manu Lago, comisario da xornada.
  • Carlos Lorenzo, presidente da Asociación Galega de profesionais da Xestión Cultural.
-Máis información e inscricións