-Axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a fundacións, asociacións e institucións culturais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 79, do 24 de abril de 2013, as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, para a realización de programas culturais que se desenvolvan na Comunidade Autónoma e para os gastos de funcionamento derivados deles.

A convocatoria reserva un importe inicial máximo de 350.000 euros para estas axudas e establece que a contía de cada subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable, coa cantidade máxima de 30.000 euros por beneficiario.


O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 24 de maio.

-Bases da convocatoria publicada no DOG (pdf, 692 Kb)