-Participaciˇn en Womex 23 - A Coru˝a con GalicianTunes: preinscriciˇn ata o 2 de xu˝o

[09/05/2023] A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, pon á disposición das empresas musicais galegas a posibilidade de participar na feira Womex 23 (Worldwide Music Expo), que se desenvolve do 25 ao 29 de outubro na Coruña, baixo a marca compartida GalicianTunes. Como parte desta delegación, poderán facer uso para as súas reunións profesionais do stand habilitado no recinto feiral, ademais de se beneficiar dun desconto de 200 € sobre o prezo da acreditación. Habilitaranse ata 30 acreditacións bonificadas (máximo unha persoa por empresa).

Pasos a seguir:

1. Preinscrición: ata o 2 de xuño a través do mail agadic@xunta.gal, indicando no asunto PREINSCRICIÓN WOMEX e achegando os seguintes datos:
-Nome da empresa e representante
-Mail e teléfono de contacto

2. Unha vez pechada a listaxe, remitiráselles ás persoas preinscritas un código para facer efectivo o desconto.

3. A inscrición definitiva en Womex formalizarase por parte de cada persoa a través da web www.womex.com, utilizando o devandito código de desconto.