DO 13 AO 17 DE XUÑO

Santiago acolle a XIV edición da Feira do Teatro de Galicia

[19/05/2006]
Oito espazos escénicos de Santiago acollerán entre o 13 e o 17 de xuño a XIV edición da Feira do Teatro de Galicia, que promove a Consellería de Cultura e Deporte, a través do IGAEM.
Esta mostra acollerá un total de 27 funcións de teatro e danza representadas por 22 compañías galegas e outras 5 chegadas de Berlín, Barcelona, Valencia, Madrid e Lisboa.

Os oito espazos escénicos da cidade que acollerán a Feira son o Salón Teatro, Teatro Principal, Auditorio de Galicia, Teatro Galán, Sala Yago, Sala Nasa, Chocolataría e o cemiterio de Bonaval.

Malia que o prazo de inscrición remata o vindeiro 2 de xuño, está previsto que se despracen a Santiago un centenar de promotores e axentes culturais procedentes de España e Portugal.