Igor Goyena Mediavilla

[00/00/0000]

Conseguiu a súa primeira bolsa de formación en 1992 para o Centro de Danza Víctor Ullate de Madrid. Un primeiro paso ao que seguiron bolsas no Centro de Danza Ion Beitia de Bilbao, na Rotterdamse Dansacademie de Rotterdam e no Conservatorio José Uruñuela de Vitoria, do que se despediu en 2001. A Vacuo chega logo de fomar parte do Centro Coreográfico da Generalitat Valenciana.

De 1998 a 1999 Igor actuou dentro do programa de danza educativa UD e UC na Rotterdamse Dansacademie dos Países Baixos. Entre 2002 e 2005 realizou os cursos Workshop coa White Oak Dance Project e colaborou co Ballet Nacional de Cuba (Shakespeare y sus máscaras) e coa Compañía Metros (Congelado en el tiempo, de Ramón Oller).

Bailarín do Centro Coreográfico de Valencia (2002-05) onde interpretou as pezas Animalatea, Acirfa e Aman de Patrick de Bana; en El aroma del tiempo e Jump in the dark de Leonardo Santos; en Impresiones fugaces de Will Swanson; en Buitk de Thomas Noone; en Dis/ruption/inter/fear e Lacrimosa dies illa de Inma Rubio.

Tamén foi bailarín do New English Contemporary Ballet (2006).

Así mesmo creou catro coreografías: Batiscafo (1997), Recuerdos (1998), Titania 2002 e Sequenza IX (2004).