Pablo Aradillas

[00/00/0000]

Realizou diversos cursos de danza clásica en Povoa do Varzim, no Centro de Danza Víctor Ullate e na Escola Druída da Coruña. Ademais formouse en danza clásica e contemporánea na escola dirixida por Hannelore Gotchar e Deborah Alfada. Posúe o grao medio da Royal Academy of Dance de Londres.

Realizou cursos de danza con Víctor Ullate, Virginia Valero, Chevy Muraday ou Aldona Adomaityte. Ten experiencia como balarín de capoeira, na Compañía Alborada e como integrante do corpo de baile do programa Luar da Radio Televisión de Galicia.

En 1995 recibiu o primeiro premio no II Concurso de Coreografías Mayeusis e tamén foi finalista de danza clásica no VII Concurso Nacional de Danza Ribarroja.